Bases en español ->

Bases do concurso

Temática:

A Capela, turismo natural.

Nesta temática admitiranse fotografías que recollan escenas situadas no termo municipal da Capela. As fotografías premiaranse tendo en conta aquelas que poñan en valor o seu atractivo turístico, co fin de promover as visitas a este Concello.

Participación:

  1. A participación é libre e gratuíta.
  2. Poderán participar fotógrafos profesionais ou afeccionados maiores de idade, excepto: os membros do xurado ou os seus parentes en primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, os membros do goberno municipal da Capela ou os seus parentes en primeiro grao de consanguinidade ou afinidade. Tampouco poderá participar o persoal da empresa organizadora.
  3. Os participantes polo simple feito de selo, manifestan coñecer e aceptar as bases de participación e as decisións do Xurado.
  4. A participación será on-line na páxina web volveremosacaaveiro.es. Para participar é necesario rexistrarse correctamente na web.
  5. Cada participante poderá subir un máximo de 5 fotografías.
  6. As fotografías deberán ser inéditas, en b/n ou en cor e non deben estar premiadas en ningún outro certame ou concurso, na data de presentación a este.
    As fotografías deberán cumprir os requisitos técnicos indicados nas bases.
  7. Cada fotografía (ou grupo de ata 5 fotografías do mesmo participante) deberá levar un título que en ningún caso poderá ser seu nome, apelido ou dni.
  8. Os participantes serán os únicos e exclusivos responsables da autoría, orixinalidade e contidos das súas fotografías debendo, si así é necesario, contar por escrito cos permisos de cesión de dereitos de imaxe das persoas retratadas
  9. O concurso comezará ás 01:00 h do 15 de xullo de 2022 e rematará ás 23:59 h do 15 de agosto de 2022.

Titularidade das fotografías:

As fotografías premiadas seguirán sendo propiedade dos seus autores, os cales ceden os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública ao Concello da Capela e á Deputación da Coruña.

O resto das fotografías presentadas, poderán ser utilizadas polo Concello para a divulgación do concurso en futuras edicións e para a posta en valor do Mosteiro de Caaveiro e dos valores naturais do espazo protexido das Fragas do Eume.

O nome do autor sempre figurará na reprodución das fotografías.

Requisitos técnicos:

  1. As fotografías non deberán ter marcos, bordos, marcas de auga, firmas nin pés de foto.
  2. O formato das imaxes debe ser JPG.
  3. As imaxes deberán ter un tamaño de entre 1920 e 3000 píxeles e no lado maior
  4. Peso máximo do arquivo: 5 MB.
  5. Non se permite a manipulación nin a alteración dixital das fotografías. Só se admitirán axustes que afecten a:
    • Conversión da imaxe a branco e negro.
    • Correccións globais de ton, equilibrio de branco, contraste, luminosidade, saturación de cor e axuste de sombras e luces.
    • Redución selectiva de ruído dixital e gran.
    • Limpeza de partículas así como corrección de distorsións e aberracións ópticas. Eliminación de viñeteo.
  6. En caso de dúbida, o xurado podería pedir o arquivo RAW, si así o considera oportuno.
  7. As fotografías que non cumpran os requisitos técnicos serán eliminadas do concurso.

Fases do concurso:

Entre o 15 de agosto e o 15 de setembro, o xurado emitirá a súa votación no seguinte xeito:

  • Establecerase un primeiro filtro para verificar que todas as fotografías cumpran os requisitos técnicos. As que incumpran serán eliminadas.
  • Un segundo filtro preseleccionará un máximo de 10 fotografías atendendo en primeiro lugar á temática do concurso, e en segundo lugar á calidade técnica e artística das imaxes, súa singularidade, composición e beleza.
  • Coas 10 finalistas, o xurado deberá emitir unha puntuación de 1 a 10 a cada unha
  • Dese reconto de puntuacións, sairán as 3 fotografías gañadoras.
  • En caso de empate, este desfarase unicamente por consenso do xurado profesional. As decisións do Xurado serán inapelables.
  • A comunicación dos premiados será unha vez rematada a valoración e recibidas as actas dos xuíces.
  • Os premiados deberán entregar unha declaración xurada da autoría da fotografía, e de responsabilidade do cumprimento das Bases.
  • A entrega de premios será no Concello da Capela, sendo a asistencia obrigatoria ou por delegación.

Premios:

Establécense 3 premios:

  1. 500 €
  2. 300 €
  3. 200 €

O mesmo participante só pode optar a un dos premios.

A criterio do xurado, poderá declararse deserto o primeiro premio, si se considera que as fotografías presentadas non reúnen a calidade necesaria. Nese caso, o reparto de premios quedará do seguinte xeito:

  1. Deserto
  2. 350 €
  3. 250 €
  4. Dous accesits de 200€ cada un

O importe dos premios quedará suxeito ás retencións fiscais establecidas pola lexislación vixente, si así procede. Os premios abonaranse mediante transferencia bancaria, pagaré ou cheque.

Xurado:

O xurado estará formado polo menos por 2 fotógrafos profesionais, 1 representante do Concello da Capela e 1 representante da empresa organizadora. Os seus nomes desvelaranse unha vez recibidas as actas de puntuación dos mesmos.

Para o non previsto nas presentes bases será de aplicación o criterio do xurado ou da Organización, sen que os participantes teñan dereito a reclamación nin indemnización algunha.

PARTICIPAR:

Si xa estás rexistrado:

Si non estás rexistrado: