Para participar votando as fotos
Reglamento para os que participan con fotografías
Temática:
Lembranzas do paso polo Mosteiro de Caaveiro, polo patrimonio etnográfico (muiños, machuco, central eléctrica, museo…) ou natural (fragas do Eume, áreas recreativas, rutas de sendeirismo) do Concello da Capela.
O lugar fotografado haberá de ser recoñecible como pertencente á Capela
Participación:
- A participación é libre e gratuíta.
- Poderán participar fotógrafos profesionais ou afeccionados maiores de idade, excepto: os membros do xurado, os membros do goberno municipal da Capela, os seus cónxuxes e parentes en primeiro grao de consanguinidade ou afinidade. Tampouco poderá participar o persoal da empresa organizadora.
- Os participantes polo simple feito de selo, manifestan coñecer e aceptar as bases de participación.
- A participación será on-line na páxina web volveremosacaaveiro.es. Para participar é necesario rexistrarse correctamente na web.
- Cada participante poderá subir un máximo de 5 fotografías.
- As fotografías deberán ser inéditas, en b/n ou en cor e non deben ser seleccionadas, ou premiadas en ningún outro certame ou concurso.
As fotografías deberán cumprir os requisitos técnicos indicados nas bases. - Cada fotografía (ou grupo de ata 5 fotografías do mesmo participante) deberá levar un título que en ningún caso poderá ser seu nome, apelido ou dni.
- Os participantes serán os únicos e exclusivos responsables da autoría, orixinalidade e contidos das súas fotografías debendo, si así é necesario, contar cos permisos das persoas retratadas.
- As fotografías premiadas pasarán a ser propiedade compartida do Concello da Capela e da Deputación da Coruña.
O resto das fotografías presentadas, poderán ser utilizadas polo Concello –con mención do autor- no ben entendido de que este non poderá comercializalas. - O concurso comezará o 11 de Maio de 2020 e rematará o 31 de Maio de 2020.
Requisitos técnicos:
- As fotografías non deberán ter marcos, bordos, marcas de auga, firmas nin pés de foto.
- O formato das imaxes debe ser JPG convertidas ao espazo de cor RGB con perfil incrustado.
- Os tamaños poderán ser:
• Altura mínima: 300 px Anchura mínima: 300 px
• Altura recomendable: 800 px ou anchura recomendable 800 px
• Altura máxima: 2000 px ou anchura máxima 2000 px - Peso máximo do arquivo: 2 MB.
- A resolución mínima será de 150 píxeles por polgada
- Non se permite a manipulación nin a alteración dixital das fotografías. Só se admitirán axustes lixeiros que afecten a:
• Conversión da imaxe a branco e negro.
• Correccións globais de ton, equilibrio de branco, contraste, luminosidade, saturación de cor e axuste de sombras e luces.
• Redución selectiva de ruído dixital e gran.
• Limpeza de partículas así como corrección de distorsións e aberracións ópticas. Eliminación de viñeteo.
Fases do concurso:
As fotografías que non cumpran os requisitos técnicos serán eliminadas da páxina web.
- Entre o 11 e o 31 de maio de 2020 iranse contabilizando os votos dos visitantes da web.
- Entre o 31 de maio e o 15 de xuño, o xurado emitirá a súa votación no seguinte xeito:
- Establecerase un primeiro filtro para verificar que todas as fotografías cumpran os requisitos técnicos. As que incumpran serán eliminadas.
- Un segundo filtro preseleccionará un máximo de 10 fotografías atendendo a criterios técnicos e visuais ou representativos da temática.
- Coas 10 finalistas, o xurado deberá emitir unha puntuación de 1 a 10 a cada unha. Tamén se terá en conta a puntuación outorgada polos visitantes da web, que será de 3 puntos para a fotografía máis votada, 2 para a seguinte e 1 punto para a terceira. Establecerase así unha clasificación das 10 fotografías finalistas, sumando o total de votos emitidos polo xurado profesional e o público.
En caso de empate, este desfarase unicamente por consenso do xurado profesional. A comunicación dos premiados será unha vez rematada a valoración e recibidas as actas dos xuíces.
Os premiados deberán entregar unha declaración xurada da autoría da fotografía, e de responsabilidade do cumprimento das Bases.
A entrega de premios -de poder ser presencial- será no Concello da Capela, previsiblemente o 20 de xuño. No caso de non poder ser presencial, farase transferencia bancaria.
Premios:
Establécense 4 premios:
- 500 €
- 250 €
- 150 €
- 100 € a sortear entre votantes rexistrados na web .
A criterio do xurado, poderá declararse deserto o primeiro premio, si se considera que as fotografías presentadas non reúnen a calidade técnica suficiente. Nese caso, o importe de 500 € repartirase en 2 accésits de 250€ cada un. Un mesmo participante non pode levar máis dun premio.
Xurado:
O xurado estará formado polo menos por 2 fotógrafos profesionais, 1 representante do Concello da Capela e 1 representante da empresa organizadora. Os seus nomes desvelaranse unha vez recibidas as actas de puntuación dos mesmos.
Para o non previsto nas presentes bases será de aplicación o criterio do xurado ou da Organización, sen que os participantes teñan dereito a reclamación nin indemnización algunha.
Instruccións para votar as fotografías
As fotografías participantes poderán ser votadas polos visitantes da web, coas seguintes normativas:
- O visitante debe rexistrarse para poder votar.
- Cada visitante pode votar un máximo de 10 fotografías durante o concurso.
- Un visitante non pode votar unha fotografía máis de 1 vez.
- Cada visitante pode emitir un máximo de 5 votos ao día.
- Un participante non pode votar as súas propias fotografías.