Iníciase o proceso de valoración das fotografías presentadas ao concurso.
Como primeira medida, faise público o cociente de valoración do xurado popular, isto é, dos visitantes que se rexistraron para poder votar as fotografías presentadas a concurso.
Ao mesmo tempo, lévase a cabo o primeiro filtro, no cal serán eliminadas as fotografías que incumpran as bases do concurso ou que non reúnan os requisitos técnicos indicados nas bases.
Neste sentido debemos informar que a primeira ollada se detectaron os seguintes incumprimentos:

  • Obxecto fotografado non pertencente á Capela. Hai fotografías nas que o obxecto/paisaxe/foco principal pertence a Ombre, Pontedeume ou Monfero.
  • Fotografías identificadas co nome do participante.
  • Datos incorrectos de usuario: poñer un enderezo no campo onde se pide o nome propio.

Actualización 01/06/2020 ás 13:30h

  • Detectadas 78 fotografías por non cumprir o punto 5 dos requisitos técnicos que constan nas Bases e delas, 3 ademáis incumpren o punto 7 das Bases.
  • Eliminadas 3 fotografías que cumprindo o punto anterior nun cumpren a temática no referido a «O lugar fotografado haberá de ser recoñecible como pertencente á Capela». Neste caso, eran imaxes có foco posto en Ombre ou en Monfero. Exemplo: o encoro do Eume non pertence á Capela.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *