Aínda que todas as fotografías na que o obxecto principal sexa o Mosteiro de Caaveiro ou calquera outro punto reconocible da Capela son válidas e perfectamente poden ser gañadoras se cumpren coa temática e o resto das bases, debemos ter en conta a época na que se convoca o concurso, o porqué faise de forma online.
Tal e como indicamos na Presentación o feito de poder presentar este concurso como unha actividade familiar permitirá que os membros desas familias rebusquen nos seus recordos gráficos o seu paso polo Mosteiro de Caaveiro ou por lugares emblemáticos da Capela, e recuperen aqueles momentos de felicidade, de beleza, e de contacto co patrimonio natural e arquitectónico da Capela, e con iso revivan vos seus desexos de regresar cando toda esta triste situación pasase.

Animádevos, pois, a subir fotografías coa familia, amigos… que nos contaxien esa alegría e ese agradable recordo.

Moita sorte!!.

2 respuestas a “Consello: contido das imaxes”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *