«Volveremos a Caaveiro, volveremos á Capela»
Bases
Consulta aquí as Bases do V Concurso de Fotografía Concello da Capela
Participar
Rexístrate e participa subindo as túas fotografías do 11 ao 31 de Maio de 2020
Votar
Rexístrate gratuitamente e participa votando as fotografías que máis che gusten.
PRESENTACIÓN
O obxectivo deste concurso é o difundir o patrimonio histórico, etnográfico e natural que conforman o Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume, na Capela, así como promover a defensa ambiental e o ecoloxismo.
A actual restrición de mobilidade motivada pola crisis do covid19 dificulta a participación in- situ aos fotógrafos profesionais e afeccionados.
Tendo en conta esta situación, o Concello da Capela, especialmente sensibilizado polo que está a contecer, decidíu desenvolver un concurso on- line que por unha banda sirva como unha proposta para desenrolar en familia, e por outro facilite a participación de toda persoa que o desexe, sen necesidade de saír do seu domicilio.
O feito de poder presentar este concurso como unha actividade familiar permitirá que os membros desas familias rebusquen nos seus recordos gráficos o seu paso polo Mosteiro de Caaveiro ou por lugares emblemáticos da Capela, e recuperen aqueles momentos de felicidade, de beleza, e de contacto co patrimonio natural e arquitectónico da Capela, e con iso revivan os seus desexos de regresar cando toda esta triste situación pasase.